Ensemble Lauda

Ensemble Lauda

Compartir

Lauda ensemble céntrase na música histórica da Idade Media.

Photos from Ensemble Lauda's post 27/04/2026

Reunir en Lugo a intérpretes como Manuel Vilas, Begoña Olavide, Paloma Gutiérrez del Arroyo, Peppe Frana y Francisco Luengo —quen ademais asume a dirección e coordinación do curso— é algo que non só impresiona: conmueve. A cuarta edición de Os Sons dos Camiños, celebrada no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), confirma que Lugo se está a converter nun espazo de referencia para a formación e a interpretación da música medieval, atraendo alumnado de diferentes puntos do Estado e doutros países.

O curso ofreceu clases individuais e grupais, sesións teóricas, traballo de repertorio vocal e instrumental, e un concerto final que recolleu o aprendido ao longo destes días intensos. A presenza destes mestres internacionais permitiu afondar en repertorios medievais desde perspectivas diversas: a arpa medieval con Manuel Vilas, os salterios con Begoña Olavide, o canto con Paloma Gutiérrez del Arroyo, a corda pulsada con Peppe Frana, e a corda frotada, violas e organistrum da man de Francisco Luengo.

Un dos elementos máis singulares desta experiencia é o acceso á colección de instrumentos medievais reconstruídos polo Obradoiro do Centrad, inspirados na iconografía do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez. Poder tocar, estudar e escoitar estes instrumentos no propio Lugo é un privilexio difícil de atopar noutros lugares.

Desde unha perspectiva persoal, participar nesta edición foi unha aprendizaxe non só musical, senón tamén humana. A convivencia diaria, a práctica compartida e a transmisión directa de coñecementos que non sempre están recollidos nos libros crean unha comunidade efémera, onde cada quen aporta a súa voz e recibe moito máis do que esperaba. É marabilloso comprobar que en Lugo podemos xuntarnos tantos músicos, investigadores e amantes da música antiga para seguir facendo medrar esta tradición.

18/10/2025

Ana Carreira, Alberte Bello, Afonso Becerra, (), Isabel Risco y Henry Vidal.

18/10/2025

Finalmente, tras tres arduas semanas completas de ensaios, oito horas intensivas ao día, e un mes despois, tivo lugar a estrea no Auditorio da Ribeira, cun elenco e un público encantadores. Agradecido de formar parte desta viaxe ao reino de Galiza e aos amores proscritos agochados pola historia.

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección

Lugo