Undodez
Producimos desde Galicia para todas as pantallas pensando no público. Comprometidos coa cultura e a lingua. A serie de animación 'Pipo' é o noso último traballo.
16/06/2026
O Festival Ría de Vigo presenta ‘Millonarios’ 💰, o regreso de Touriñán e Eva Iglesias xuntos á TVG.
🎬 A nova comedia da canle pública presentouse en exclusiva durante a gala de clausura do certame. O primeiro episodio puido verse por primeira vez nun evento que reuniu profesionais e público arredor das principais novidades do audiovisual.
O Festival Ría de Vigo presenta ‘Millonarios’, o regreso de Touriñán e Eva Iglesias xuntos á TVG · Undodez 'Millonarios', a nova comedia producida por Undodez para a TVG e protagonizada por Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, presentouse o pasado venres.
06/05/2026
🎬 ‘Ao son da nova regueifa’ chega ao Festival MARCO
A proxección formará parte da programación desta mostra de arquitectura rural contemporánea, e terá lugar o vindeiro 8 de maio ás 12.30 no Centro Sociocultural de Vedra.
Dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, o filme continúa o seu percorrido público achegando unha mirada actual sobre a regueifa, entre tradición e contemporaneidade, nun contexto que conecta cultura, territorio e comunidade.
‘Ao son da nova regueifa’ proxéctase no Festival MARCO de Vedra · Undodez O documental producido por Undodez, 'Ao son da nova regueifa' proxectarase o vindeiro 8 de maio no Festival MARCO de Vedra.
31/03/2026
🏢 Estreamos oficinas! Desde comezos deste ano traballamos nunha nova sede en Matogrande, na Coruña, deseñada polo arquitecto César García Piñeiro, do estudio ELÓ?
🌿 Un local pensado sobre os criterios máis avanzados de eficiencia enerxética, en cuxa reforma participaron a carpintería Alfonso García González, Cristalería Bello, Iván Mira (albanelería), Aplidec2003 (pintura e aplicacións), Clifrimen (climatización), Sagova (electricidade) e Mástil Rotulación.
🖥️ Doce postos de traballo nun espazo aberto e dúas salas de reunións en dúas plantas, que complementan ás nosas instalacións no Polígono Industrial de Bergondo, con seis postos de traballo e almacén.
Undodez estrea novas oficinas na Coruña · Undodez Ainé e Undodez estrean oficinas no barrio coruñés de Matogrande, complementadas coas instalacións do Polígono Industrial de Bergondo.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Enrique Mariñas 32G, 2º
A Coruña
15009
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:30 |
| Martes | 09:00 - 14:30 |
| Miércoles | 09:00 - 14:30 |
| 16:00 - 19:00 | |
| Jueves | 09:00 - 14:30 |
| 16:00 - 19:00 | |
| Viernes | 09:00 - 14:30 |