Normal
Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. NORMAL non é normal. De aí NORMAL.
11/08/2025
Onte, 10 de agosto, despedimos a Manuel Lourenzo, patriarca do teatro galego, falecido na Coruña aos 82 anos. Dramaturgo, actor, director e mestre, foi unha figura clave na recuperación do galego nos escenarios e na creación de compañías históricas como O Facho, Teatro Circo e a Escola Dramática Galega. Con máis de 300 obras e numerosas traducións, a súa traxectoria deixa unha pegada fonda e duradeira na cultura galega. Que a terra lle sexa leve.
18/07/2025
📢 Sobre todo, de Enar de Dios Rodríguez, amplíase até o 24 de xullo en NORMAL.
Unha reflexión sobre o espazo aéreo como territorio: extinción de especies voadoras, control remoto, lexislación ultraterrestre, extractivismo e a constitución colaborativa do aire.
📍 De luns a venres, 11–14 h / 17–20 h
🎟 Entrada libre
26/05/2025
🔺 UNHA IMAXE: UNHA FORESTA
➝ Presentación e proxección
➝ 29/05/2025, 18:00 horas
➝ Con traballos audiovisuais de: Pille-Riin Jaik, Simona Obholzer, Christiana Perschon, Lisa Truttmann
➝ Comisariada por: Enar de Dios Rodríguez
Con motivo da exposición “Sobre todo”, Enar de Dios Rodríguez presentará a forma de traballo radicalmente colectiva de The Golden Pixel Cooperative (), unha asociación artística con sede en Viena centrada na imaxe en movemento, da que forma parte desde 2020 e que dirixiu durante os últimos catro anos. Esta presentación irá acompañada dunha selección de traballos audiovisuais realizados por membros da cooperativa.
➝ Créditos das imaxes
(1) The Golden Pixel Cooperative. Foto: Lisa Truttmann © Bildrecht, Wien 2022
(2) “Half of the Sky” (fotograma) © The Golden Pixel Cooperative
06/05/2025
🔺SOBRE TODO, de peza en peza
Zenit (a history of laws for the new horizon) / Zenit (unha historia de leis para o novo horizonte)
Expositor LED, impresións dixitais
4 pezas, 37,6 x 50 x 1,4 cm cada unha
Sobre todo, na rúa desta sala, hai un expositor sen vitrina. É coma un deses expositores que venden ou arrendan lugares. O lugar, aquí, é unha historia, unha liña temporal marcada por momentos, leis; unha cronoloxía do dereito ao espolio.
📅 Do 10/04/2025 a 10/07/2025
📍 NORMAL, Campus de Riazor
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Paseo De Ronda
A Coruña
15011