RetoqueRetro

RetoqueRetro

Compartir

Recicla, recoge, reutiliza, reduce, renueva, reinventa, restaura, realiza, retoca..

Photos from RetoqueRetro's post 22/11/2025

🌊✨ RetoqueRetro na Maker Faire Galicia – Xornada dos Oficios ✨🌊

O pasado venres 21 de novembro vivimos unha xornada inesquecible na Casa das Máquinas (Santiago de Compostela), convertida nun auténtico punto de encontro para explorar novas formas de crear, ensinar e innovar dende os oficios. Un espazo vibrante onde profesionais, creadorxs, investigadorxs e proxectos compartimos alma, orixinalidade e bo facer, repensando xuntxs o futuro da artesanía e da fabricación sostible.

En RetoqueRetro levamos parte do noso universo mariño: esculturas creadas a partir de lixo recollido nas nosas costas e as súas estampas impresas en bolsas de algodón reciclado que puxemos á venda. Xunto con elas, tamén amosamos unha pequena mostra do lixo real que dá orixe á nosa arte, porque a transformación comeza por visibilizar o problema.

Realizamos dous obradoiros que foron pura maxia creativa:

🎨 Obradoiro de estampación
Utilizando lixo mariño con diferentes formas e texturas, decoramos bolsas de algodón dando vida a peixes, cangrexos e monstros mariños cheos de cor e imaxinación.

🔧 Obradoiro de ensamblaxe
A partir de refugallos creamos pequenas esculturas cheas de personalidade. As mans das persoas participantes —nenxs, mozos e adultos— fixeron nacer pezas únicas que demostraron que a creatividade non ten límites cando a sustentabilidade está no centro.

O resultado? Espectacular. Cheo de vida, talento e conciencia ecolóxica.

Grazas a toda a xente que se achegou, que participou, que preguntou e que compartiu conversa. O ambiente foi inmellorable: rodeadxs de creadorxs con moita alma, ganas de experimentar e un bo facer que inspira e empurra a seguir creando.

💙♻️ Seguimos transformando lixo en arte… e arte en conciencia.

Grazas por convidarnos !! 🫶🏼

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


A Coruña
15002