Pixel Films
Producción audiovisual en 4K | Postproducción | Alquiler | Scarlet-X y HD-SLR
31/05/2017
A primeira e a última foto de Pixel, despedimos así a que foi ata o momento a maior aventura das nosas vidas.
Pechamos un ciclo no que intentamos axudar a cumprir soños pero sentimos que é hora de perseguir os propios.
Quedan os traballos feitos falando por nós, traballos nos que intentamos ser honestos e dar o mellor que tiñamos. E queda tamén o máis importante e do que máis orgullosos estamos, toda a xente marabillosa que forma o mundo-pixel.
¡Grazas!
O Venres estivemos falando sobre a nominación aos Mestre Mateo do documental "Manuel María, Paixón de palabra e terra"
Aquí tedes un link á entrevista!
Sala 5 do día: 11/02/2017 | CRTVG Jairo Iglesias, director de 'Manuel María, paixón de palabra e terra', finalista nos premios Mestre Mateo a mellor documental
22/11/2016
PARTICIPA NO DÍA MÁIS CURTO!!
Se eres dos que se involucran e gústache organizar cousas, benvido. Tes a oportunidade de crear un evento cultural de calidade, entretido e gratuíto para teus veciños, compañeiros, familiares e amigos. Se eres unha entidade de calquera tipo, institución ou empresa, pública ou privada, estás igualmente invitado a participar.
Arranca a cuarta edición do ED+C con amigos e moito cariño detrás!
Toda a información en www.eldiamascorto.com
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Galileo Galilei
A Coruña
15008