Bicoca Moda Home
Tenda multimarca Dispoñemos de tarxetas de aparcamento para os nosos clientes.
Vaia nivel de visitas temos hoxe... 😎 Faltaba o personaxe máis importante por pasar pola tenda: ¡o gran Shin Chan! 🕺✨
Menos mal que o controlamos a tempo, porque co perigo que ten... ¡banean nolos vídeos ao instante! 🚫🤣
Un pracer recibir a clientes con tanta maxia! 🤜🤛
ShinChan
Andan dicindo por aí que tiñamos que abrir unha tenda en Lugo... ¡Imos ver! Se vos poñemos as cousas tan fáceis, despois ¿que escusa ides ter para vir a Betanzos? ¡Ningunha! 🤷♂️
Así que xa sabedes, o que queira estilo do bo e un trato coma na casa, ten que facer a visita de rigor. ¡Seguimos en Betanzos, onde sempre e coma sempre! 🧥✨
Home por favor, Ester! Que nos mandes referencias de disfraces aos galegos é coma querer venderlle xeo a un esquimó. 🧊
Que en Galicia se algo nos falta son fins de semana para todo o que nos disfrazamos: Arde Lucus, a Feira Medieval de Betanzos, a Reconquista de Vigo, Xinzo... ¡Se o de Hollywood ao lado das nosas festas parece unha reunión de veciños! 🤠🍿
Para os que non somos os amigos de Ester e SÍ sabemos o que é caracterizarse, aquí vai unha pequena lista (hai moitas máis) das mellores festas históricas e de época que temos en Galicia:
🏛️ Arde Lucus (Lugo): Onde unha cidade enteira viaxa ao Imperio Romano e á época castrexa.
🛡️ Feira Medieval de Betanzos / Noia: Onde poñemos traxes medievais que lle dan mil voltas aos de Xogo de Tronos.
📜 Festa da Istoria (Ribadavia): Unha viaxe envexable á Idade Media onde ata se paga con maravedís.
⚔️ A Reconquista (Vigo): Traxes do século XIX para botar fóra aos franceses.
🛶 Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia): Recreación histórica onde as lexións romanas cruzan o Río Limia.
🎭 Festa viquinga de Catoira: Onde nos vestimos de bárbaros do norte para defender as Torres de Oeste.
Dinos nos comentarios: ¿Cal é a túa favorita ou cal nos faltou engadir? 👇
🚨 ¡TEMOS NOVO REI! 👑🛏️
Seguro que moitos lembrades aquel mítico anuncio de "Lorenzo Lamas, el rey de las camas". Pois os tempos cambian e en Santa Comba non se quedan atrás... ¡e teñen a propia versión mellorada! 💥
Dádelle a benvida ó auténtico, ó único, ó que mellor te arroupa polas noites:
¡Alberto de Guillermina, o rei da colcha e a saba fina! 🧥✨
Queres deixar de pasar frío e darlle estilo e calidade ao teu cuarto? Déixate de anuncios da tele e ven ver o xénero que teñen preparado para ti en Guillermina Store.
👇 Calidade exclusiva e o descanso que mereces. ¡Moi bo sábado a todos!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Avenida De Castilla 4
Betanzos
15300
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 | |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 | |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 | |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 | |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 | |
| Sábado | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 21:00 |