Distrito Xermar
Fotografía - Deseño Gráfico - Servizos Gráficos fotografía / deseño gráfico /asesoría gráfica
13/02/2026
Sempre resulta gratificante colaborar con ADEGA
17/12/2025
Hoxe presentamos no Arquivo do Reino de Galicia un proxecto no que levamos moito tempo traballando desde Distrito Xermar.
Un deseño de manteis de mesa para hostalería sobre o antigo Reino de Galiza, pensados como unha ferramenta de divulgación histórica desde algo tan cotián como compartir mesa.
Un proxecto que une deseño gráfico, ilustración e investigación histórica, cun mapa interpretativo do Reino de Galiza que non é decorativo, senón pensado para axudar a entender o territorio, as cidades, os camiños e os símbolos da nosa historia medieval.
A investigación histórica corre a cargo de Adrián Martínez Garrido, e foi un luxo contar hoxe coa presenza e o acompañamento de Felipe Senén, unha referencia na divulgación do patrimonio e da cultura galega.
Grazas tamén á Deputación da Coruña e a Avia Veira polo apoio a través dos Fondos de Proxectos Culturais Reino de Galicia. Sen este tipo de programas públicos, proxectos como este non serían posibles.
Primeira tirada de 100.000 unidades, que se distribuirán ao longo da provincia da Coruña.
Seguimos apostando por levar a historia á vida cotiá, con rigor, con deseño e sen complexos.
16/12/2025
Mañá, mércores, presentamos un proxecto chulo. Vente velo de primeira man!
Moi felices por iniciar esta nova andaina con ADEGA.
27/06/2025
27/02/2025
É un verdadeiro pracer colaborar con .gal, unha entidade referente na defensa do medio ambiente en Galiza. Para nós, crear a nova identidade gráfica desta asociación supuxo un reto apaixonante, pero sobre todo unha honra.
Queremos agradecer a súa confianza no noso traballo e destacar a súa labor incansable pola biodiversidade, a sustentabilidade e a protección do noso patrimonio natural. O seu compromiso co territorio é unha inspiración, e saber que a nosa creatividade pode contribuír a esa causa énchenos de orgullo.
Oxalá esta nova imaxe acompañe a ADEGA moitos anos máis, fortalecendo a súa mensaxe e a súa loita. Grazas por deixarnos formar parte deste camiño! 💚🌿
🌿Estreamos logo no noso local na Av. de Castelao en Compostela. Que che parece? Déixanos un 💚 en comentarios se che gusta!!!
⭐Deseño de Alberte Sánchez Distrito Xermar
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Cerceda
15185