EC Estudios

EC Estudios

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de EC Estudios, Estudio de producción de música, Plaza Viana do Castelo nº4, Lugo.

24/03/2020

Ola a todas e todos, dende Factoría Cultural (Codex Cinema, Sala Tebras...) queremos trasladarvos, nestes momentos de incerteza e gran preocupación pola vosa saúde e a dos vosos seres queridos, tamén polo futuro que nos agarda, que, malia á dureza desta pandemia, polas mortes e o confinamento, non debemos caer na negatividade. Estamos seguros de que logo desta catarse colectiva sairemos reforzados e virán tempos novos e mellores.

Nestes días de desacougo estamos a ver que a xente volve a mirada cara a cultura, cando en condicións normais a música 🎼, o cinema 📽🎬🎞, a literatura 📖..., en fin a arte en xeral, non ten espazo nos grandes medios de comunicación📻📺, nin na vida dun grande número de persoas; neste tempo de incerteza a cidadanía refúxiase na arte, busca na cultura non só entretemento, senón un tempo de reflexión e introspección, xa que a cultura é a nos fai humanos e a iso aínda que a maioría da xente, por mor do estres cotián e inhumano, non lle presta atención, cando veñen tempos difíciles busca, buscamos refuxio nela.

É posible que moita xente, ou algunha!, cando pase esta crise, que pasará, máis cedo que tarde, repare que está a perder moitas cousas importantes por levar unha vida onde só cabe ser o primeiro, da igual en que, e troca éxito e diñeiro desmedido por cultura.

Daquela, en Caldiae Factoría Cultural, estarémolos agardando, xunto con vos, para que se unan neste proxecto a pro da cultura do: cinema 📽🎞🎬, da música 🎼, da literatura 📖, da pintura 🎨🖼, fotografía 📷ou gastronomía👨‍🍳👩‍🍳.

Para elo estamos seleccionado novas pelis 🎫🎫🎫,(vai haber moitas e moi boas, por deste parón) preparando novos concertos 🎙de rock 🎸, pop🎤, folk🪕, e clásica🎺; exposicións🖼🎭, libros, 📚 discos 💿, etc.
Ánimo¡¡ En poucos días estaremos preparados para unha nova xeira.

¿Quieres que tu empresa sea el Compañía De Medios mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección


Plaza Viana Do Castelo Nº4
Lugo
27003