ASPACE LUGO
Asociación de Persoas con Paralísis Cerebral de Lugo
13/05/2026
✨ Aprendendo novas técnicas texturizadas ✨
Continuamos co noso ciclo de formación en alimentación dende ASPACE Lugo cunha segunda sesión centrada na deglutición segura e na adaptación das texturas no fogar.
Nesta ocasión contamos coa participación de Alba López , logopeda, e Antía Comesaña, dietista-nutricionista, que compartiron ferramentas prácticas e moi útiles para o día a día.
Durante a sesión aprendemos:
▫️ A identificar texturas seguras e aquelas que poden supoñer un risco de atragoamento.
▫️ A importancia dunha postura correcta tanto á hora de comer como de dar de comer.
▫️ Estratexias para favorecer unha deglutición máis segura no fogar.
▫️ Como identificar os diferentes niveis IDDSI segundo as necesidades de cada persoa.
▫️ A diferenciar de maneira sinxela as texturas dos alimentos habituais da casa e adaptalas correctamente.
Esta formación permitiunos adquirir coñecementos prácticos para facer das comidas un momento máis seguro, accesible e adaptado ás necesidades de cada persoa.
💙 Seguimos aprendendo xuntas para ofrecer unha atención máis segura e de maior calid
30/04/2026
👩🍳✨ IV Concurso ASPACE “Cociñamos Xuntos” ✨👨🍳
A semifinal de Lugo de hoxe estivo marcada por un nivel incrible 👏
Creatividade, esforzo e moitísimo talento en cada prato 💛
Queremos agradecer de corazón a asistencia do noso xurado:
👨🍳 Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo)
👨🍳 Alejandro Ares (Grupo Pazo de Vilaboa - A Coruña)
👨🍳 Juan Rubiños (Il Farabutto, Lugo)
Tivérono realmente difícil para escoller o equipo gañador!
🏆 Este ano, o equipo 2 leva o pase á gran final en Vigo o vindeiro 19 de maio 🎉
Parabéns a todas as persoas participantes por facelo tan especial! 💫
Hoxe é o Día Internacional da Muller.
Un día para escoitar, para recoñecer e para seguir avanzando.
En ASPACE Lugo, as mulleres teñen moito que dicir.
Cada unha coa súa voz, coa súa historia e coa súa forza.
Mulleres que cada día rompen barreiras,
que abren camiños
e que demostran que a diversidade tamén constrúe unha sociedade mellor.
Porque cando as mulleres teñen espazo e son escoitadas,
fanse visibles.
E cando avanzan con decisión, apoiándose unhas nas outras,
son imparables.
As mulleres de ASPACE Lugo son exemplo diso:
visibles e imparables.
Nin un paso atrás
18/02/2026
✨ Maxia, ilusión e tradición en ASPACE Lugo ✨
Vivimos unha tarde chea de cor, risas e moita ilusión. A participación foi incrible, tanta que ata o local se nos quedou pequeno! Grazas a todas as persoas que vos achegastes para compartir este momento tan especial connosco 💙
Contamos coa visita do que nos fixo soñar e sorprendernos con cada truco 🎩✨ Non faltaron os aplausos nin as caras de asombro!
E, por suposto, tampouco faltou o doce típico destas datas. Queremos agradecer a colaboración de Don León polas deliciosas filloas e orellas, que puxeron o sabor perfecto a esta celebración tan bonita 🥰
Encántanos vivir o Entroido así: en comunidade, compartindo e creando recordos xuntos. Grazas por formar parte da familia ASPACE 💙
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Dirección
Alfredo Brañas 1 Baixo
Lugo
27004
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 |