Desenvolvemento Local Lugo
Páxina oficial en Facebook que informa da actividade da Concellería de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo 💼✊
06/06/2025
📍 Onte o salón de actos do CEI-Nodus acolleu unha das primeiras reunións da nova Asociación Capital Humano de Lugo, unha entidade que comeza a dar os seus primeiros pasos para reunir a profesionais do ámbito dos Recursos Humanos, a formación e o liderado de equipos.
🤝 A asociación nace da man de antigos alumnos/as da Escola Universitaria de Relacións Laborais, baixo a coordinación de David Seijas, e ten como obxectivo traballar conxuntamente para impulsar o desenvolvemento socioeconómico de Lugo e Galicia a través dunha xestión eficaz do capital humano.
O Concello de Lugo, no marco da súa aposta pola creación de emprego, colabora coa iniciativa e pon á súa disposición recursos como o Espazo Lab, integrado no CEI-Nodus, que acolle tamén o Servizo de Orientación Laboral municipal.
02/06/2025
📍 Lugo segue avanzando como Destino Turístico Intelixente!
O Concello de Lugo recibe o aval do Ministerio de Industria e Turismo para continuar a súa estratexia como DTI (Destino Turístico Intelixente), apostando por un modelo de turismo sostible, accesible, innovador e baseado en datos. 📊🌿📲
Esta nova recoñecida sitúa a Lugo no mapa dos destinos que integran tecnoloxía, patrimonio e calidade de vida para ofrecer unha experiencia única tanto para visitantes coma para a veciñanza.
🔗 Máis información:
https://www.desenvolvelugo.org/o-concello-de-lugo-avanza-na-sua-consolidacion-como-destino-turistico-intelixente-co-aval-do-ministerio-de-industria-e-turismo/
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Avenida Da Coruña, 500
Lugo
27003