GALP Ría de Pontevedra
Asociación sen ánimo de lucro que xestiona axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca
18/06/2026
🐟 Onte o GALP Ría de Pontevedra recibiu a Jesús Casabiell Pintos, médico, investigador e profesor titular de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do seu Grao en Nutrición e Dietética, que impartiu unhas xornadas dentro do proxecto Pesca Saúde para explicar como coidar a saúde cardiovascular a través da nutrición e en particular introducindo na dieta produtos pesqueiros. Acompañouno Laura Nieto, xerente do GALP Ría de Pontevedra.
📌 Lembra que Pesca Saúde continúa este mes nos mercados, prazas de abastos e peixerías, onde podes empregar os vales-desconto que se repartiron nas actividades precedentes. A data de caducidade dos vales amplíase ata o 31 de xullo.
📩 E ata o 30 de xuño, tamén podes participar no sorteo de degustacións de produto pesqueiro en establecementos de hostelaría. Infórmate de como participar no GALP, en pescasaude.gal ou no teu establecemento habitual.
🎉 O sorteo celebrarase en xullo durante os showcookings que anunciaremos en breve.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contacto el museo
Teléfono
Página web
Dirección
Departamento De Exportadores, 14. Lonja De Marín. Puerto De Marín
Marín
36900
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 15:00 |
| Martes | 09:00 - 15:00 |
| Miércoles | 09:00 - 15:00 |
| Jueves | 09:00 - 15:00 |
| Viernes | 09:00 - 15:00 |