Amásame Bakery Lab

Amásame Bakery Lab

Compartir

Amásame calle castelao n6 Pontevedra

03/01/2026

A nosa rosca de Reis 2026 xa está aquí 👑
Masa tenra, aroma a cítricos, froita confeitada e o sabor da manteiga cocida de vaca de sempre, feita como manda a tradición.
Porque haberá cousas que poden cambiar, pero na nosa terra a rosca é sagrada.
E, para que mentir, estamos cansos das modas pasaxeiras, das cremas e recheos industriais sen alma, da americanización da nosa cultura gastronómica e da perda de identidade que todo isto supón.
Nisto, no noso roscón, somos totalmente intransixentes.
Porque non o facemos só nós: nel están as mans de quen o fixeron antes.
As nosas avoas e os nosos avós, que o elaboraban cun único obxectivo: dar aos seus clientes o mellor.
Non existían premios, nin redes sociais, nin listas nin reseñas.
Só o boca a boca da xente e o compromiso coa calidade e co servizo.
Por eles, e pola nosa cultura, non debemos deixar nunca de facer o noso.

Mañá ata as 14:00 podedes encargalo nas tendas ou nos números:
Pondal: 691790106
Castelao: 623501299

Por suposto sairán recheos tamén e unidades a maiores pero sempre mellor encargar.

10/10/2024

Novo solete que recibimos,nesta ocasión na categoría de Cafeterías.Levamos tres xunto co de carretera e co de inverno.
Sodes un encanto ,grazas por este empurrón para seguir facendo o que máis nos gusta e por facer que o noso traballo se visibilice.
E por suposto,grazas a tod@s vós que vides aquí e facedes que este soño sexa realidade.
Clientes,amigos,familia, proveedores,empregados...
Todos formamos parte desto que se chama Amásame.

Seguimos.

27/03/2024

Fixemos de forma moi exclusiva una remesa de Colombas de Pascua.
Qué é a Colomba de Pascua? A prima irmá do panettone pero con forma de paloma.

Lembrade chamar e reservar,que as unidades son moi limitadas e voan...literalmente 😂.

Cantas horiñas hai detrás desta elaboración....

15/03/2024

Seguimos presentando parte da Familia Amásame.

Ela é Daniela.Dani para nós é un pilar fundamental na tenda de Pondal.Ela chegou a nós como normalmente chega a xente especial as nosas vidas: Nos momentos máis complicados.
Dani chegou cando Nano,o noso gran Nano,deixou Amásame por ser funcionario e mira que xa o reconducíramos na vida,pero bueno...hai que querelo igual 😄.
Nano,deixou un vacío que Dani foi quen de cubrir perfectamente con amabilidad,simpatía e seriedade a partes iguáis.
Fai uns cafés que por menos hai quen peregrina a Santiago.E sempre ten ganas de mellorar.Xunto con Lydia forman un equipazo en tenda e cafetería que fai que día si,día tamén teñamos mellores críticas en Google.Moitas facendo referencia a simpatía ou amabilidade.

Dani é unha dos nosos.

Para nós,a atención é tan importante ou máis ca facer ben unha peza de pan.Cando entramos a unha tenda a simpatía e educación teñen que ser claves.
E neso(sentimos a falla de humildade) somos os mellores e punto.
E eso é grazas a xente como Daniela.

¿Quieres que tu empresa sea el Restaurante mas cotizado en Pontevedra?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Praza Dos Maios
Pontevedra
36003

Horario de Apertura

Martes 08:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 14:00
Domingo 09:00 - 14:00