Metáfora
Libros para cultivar el espiritu
02/06/2026
Este venres 5 de xuño, na presentación organizada polo e , reunímonos arredor destas páxinas cheas de arte para coñecer, da man do seu autor Xosé Cobas, a simboloxía dos elementos, as influencias pictóricas e o proceso creativo desta publicación🎨
Guiará a conversa o xornalista cultural a partir das 19h.
Animádevos : )
24/05/2026
O vindeiro sábado 30, Lucía Aldao e Samuel Merino presentan OS NOMES ÍNTIMOS na libraría Metáfora!
Un "comfort show" sobre quen somos e como nos chamamos que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser.
Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras? "Os nomes íntimos" é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade.
Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto. Falaremos dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda.
18/05/2026
Comezamos a semana anunciando a primeira das presentacións axendadas : )
O xoves, Manuel Monge (sociólogo e autor do libro) e Pepe Álvarez (historiador) conversarán sobre este novo ensaio de . Un traballo rigoroso e accesible para un amplo público que cultiva a memoria antifascista e republicana.
Animádevos🫂
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Calle Charino Nº9
Pontevedra
36002
Horario de Apertura
| Martes | 10:00 - 13:30 |
| Miércoles | 10:00 - 01:30 |
| Jueves | 10:00 - 01:30 |
| Viernes | 10:00 - 01:30 |
| Sábado | 10:00 - 01:30 |