Feira do Viño do Ribeiro
Feira do Viño do Ribeiro Feria enogastrónomica de exaltación de los vinos de la D.O. Ribeiro.
19/02/2026
🎉 Xa temos imaxe para a 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro! 🍷
O cartel de Ángel Ligero Martínez foi o elixido entre 52 propostas para representar a nosa festa máis especial, que encherá Ribadavia de viño, tradición e emoción do 1 ao 3 de maio.
O xurado estivo formado por Co**ha Iglesias (presidenta do C.R.D.O. Ribeiro), Yolanda Gómez (concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia), Jaime Díaz (Incubarte) e Julio A. Gutiérrez (Guvi Social Media).
Grazas a todas as persoas que participaron e votaron 💚
¡Comeza a conta atrás! 🍷
28/01/2026
A votar! 🗳️🍷
19/12/2025
🍷 A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de maio de 2026. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.
🔎 A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e á súa gran posta de largo, aludindo á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que se trata dun evento onde as adegas ofrecen aos visitantes viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar deseñadores e artistas profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.
Consulta as bases 👇
CONCURSO DE CARTEIS PARA A 63ª EDICIÓN - Feira do Vino do Ribeiro Concederase un único premio dotado de 1.000 euros á obra elixida por un xurado profesional Ribadavia, 18 de decembro de 2025. A organización da Feira do Viñ ...
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Siente y disfruta el vino en Feira do Viño do Ribeiro
Feria enogastrónomica de exaltación de los vinos de la D.O. Ribeiro.
Se celebrará los días 1, 2 y 3 de mayo de 2020, en Ribadavia (Ourense).
Cata popular, showcookings y catas, actuaciones musicales, Food Trucks, visitas guiadas, buen vino y el mejor ambiente. Anímate y ven a disfrutar con nosotros de la cultura del vino y del enoturismo.
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Ribadavia
32400