BNG Ribadavia
Transformar Ribadavia depende de nós. BNG - Asembleas abertas de Ribadavia
23/05/2026
➡Cando en 2021 se arranxaron as beirarrúas do Piñeiral, desde o BNG manifestamos que había que aproveitar para reparar tamén o asfalto da rúa e que tiñan que pagalo outras administracións, porque non é unha vía urbana, senón que soporta un tráfico interurbano moi intenso, incluso de camións, ao ser a vía de conexión entre a N-120 e a OU-801 (estrada de Francelos-Filgueira).
⏰Pasaron máis de 5 anos e como cabía esperar, a rúa do Piñeiral segue sen reparar e co firme cheo de fochancas. Reiterámoslle ao actual goberno municipal o arranxo da rúa, que Xunta e Ministerio se fagan cargo e canto antes.
22/05/2026
Demandamos do Concello que non só se dedique a recordarlle á veciñanza a roza de fincas. Hai grandes propietarias que semellan facer caso omiso desta normativa, coma neste caso, en plena rúa do Carballiño.
Por certo, que tarefas ten feito no noso concello a Xunta, a administración responsable da prevención de incendios?
15/05/2026
💙 O galego, lingua vital 🩷
📅17 de maio ás 12.00 h.
🚶♀️Dende a Alameda de Santiago de Compostela
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Calle Progreso 15
Ribadavia
32400