Queiroa

Queiroa

Compartir

Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa

Photos from Queiroa's post 12/06/2026

Aínda que xa vos fumos mostrando cousiñas por aquí do noso Festivaliño 2026 do pasado Domingo, non queríamos deixar de publicar un brevísimo resumo do que foi este fermoso día. Todas/os os/as alumnos/as das nosas Escoliñas fixeron unhas actuacións coas que nos mostraron todo o aprendido e traballado durante este curso e nos emocionaron a todos/as. Moitas grazas a eles/as e as súas familias por axudar a manter viva a nosa tradición. Hai canteira!

Grazas tamén ó noso grupo invitado de Baio por acompañarnos e mostrarnos o ben que o fan! e grazas a tódolos profes e membros da nosa asociación Queiroa, por todo o seu traballo e esforzo, sen os cales non tería sido posible este día de festa e unión tan bonito.

Para o ano máis e mellor! 🎉

Photos from Queiroa's post 28/05/2026

O pasado domingo celebramos o noso 3º Festival de Acordeón xunto cos compañeiros e compañeiras de Lalín. 🎶

Déixámosvos por aquí un pequeno recordo do bonito día que vivimos!

26/05/2026

Un ano máis chega o momento máis esperado nas nosas Escoliñas: O noso Festivaliño! Nel, os/as nosos/as nenos/as que asisten ás aulas, fannos unha fermosa demostración de todo o aprendido durante o curso, un día cheo de emoción para todas as familias e o resto de asistentes. Este ano estaremos acompañados/as do noso grupo invitado , que veñen desde Baio para pasar xuntos/as unha tarde chea de música e baile tradicional cos máis pequenos/as da casa.

Agardamos que non faltedes á cita! Así que xa sabedes, reservade a data no calendario e...luuuuume!!!! 🔥

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Sada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Da Praia 5/baixo
Sada
15160