Sada Digital

Sada Digital

Compartir

Un espacio para mostrar Sada y la actualidad a través de los medios y otras fuentes Acerca de la página:

Espacio de entretenimiento e información sobre Sada.

El Estado se abre a 'reevaluar' el proyecto de la playa de Sada si se garantiza su viabilidad ambiental 30/05/2026

Regeneración del arenal urbano

El Estado se abre a "reevaluar" el proyecto de la playa de Sada si se garantiza su viabilidad ambiental

El Estado se abre a 'reevaluar' el proyecto de la playa de Sada si se garantiza su viabilidad ambiental El secretario de Estado de Medio Ambiente defiende que la cancelación en 2018 de la licitación 'no significa que el proyecto quede descartado definitivamente': 'Habrá que estudiar en qué términos puede ejecutarse'

30/05/2026

🔶PREMIOS XERAIS 2026🔶
Edicións Xerais de Galicia ven de dar a coñecer as obras gañadoras dos Premios Xerais 2026!

🔹As obras cos títulos 'A boca do río', 'A banda da Albóndega' e 'A lingua dos grifóns' resultaron gañadoras do XLIII Premio Xerais de Novela, o XLI Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Os textos son de Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo.

🔹Queremos facer mención especial a “A banda da Albóndega” de Ivana López Abuín obra ambientado nunha Sada ficticia chamada Areleira.

🔹Areleira, unha pequena vila marineira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillons e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia do Lago Verde. Dentro agóchase un fragmento de cerámica azul cun símbolo misterioso. O que semella ser unha simple curiosidade convértese axiña na primeira pista dun enigma.

🔹Cos seus amigos Brais, Lúa e K**e -apadriñados polo mariñeiro xubilado Pepecho, gardián dun cuarto secreto cheo de lembranzas-, Antia funda A Banda da Albóndega e, xuntos, descubrirán que están a recuperar moito máis ca un misterio: están a rescatar a memoria dunha vila.

30/05/2026

🔶VISITA E COÑECE GALICIA 2026🔶
O Concello de Sada, a través da concellería de Educación, Depotte e Xuventude, organiza tres saídas culturais para coñecer Galicia ao longo de 2026. O programa “Visita e Coñece Galicia” ofrecerá excursións gratuítas a Noia, Cambados e Padrón; Muxía, Muros e Santiago; e O Carballiño, Celanova e Ourense. As actividades inclúen transporte e desenvolveranse ao longo de todo o día.

🔹Estainiciativa destinada a promover o coñecemento do patrimonio cultural e paisaxístico galego a través de excursións de lecer abertas á veciñanza inclúe tres propostas. A primeira delas celebrarase o 6 de xuño, cun percorrido por Noia, Cambados e Padrón. A segunda saída terá lugar o 5 de setembro, con visita a Muxía, Muros e Santiago. Finalmente, o 24 de outubro organizarase unha excursión ao Carballiño, Celanova e Ourense.

🔹As tres actividades serán de visita libre, sen guía, e terán unha duración de xornada completa. Ademais, o Concello de Sada asumirá o transporte das persoas participantes.

🔹O Concello lembra que as prazas son limitadas e anima á cidadanía interesada a realizar a solicitude dentro dos prazos establecidos.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN PARA A EXCURSIÓN A NOIA, CAMBADOS E PADRÓN (ABERTA DO 25 AO 31 DE MAIO) - https://www.sada.gal/visita-e-conece-galicia-2026

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Sada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Sada