imaxin|software

imaxin|software

Compartir

Empresa galega de desenvolvemento de software. Especializados en enxeñaría lingüística e multime

28/11/2022

Espírito de equipo e coñecemento compartido. Eses son os obxectivos principais de in|office, o evento periódico da empresa ao que lle acabamos de dar un novo pulo con motivo do noso 25 aniversario.

O encontro consta de dúas partes. En Tic-Tac, que empezou a celebrarse en 2012, un relator cóntanos algunha novidade tecnolóxica aplicable aos nosos proxectos estratéxicos. A continuación, ábrese un coloquio. Nesta ocasión, a nosa compañeira Sofía García falou sobre o mBert e o Bertihno para deseñar un NER. Unha presentación ben interesante e de aplicación directa aos nosos tradutores automáticos.

A sesión continúa con Kai100, iniciativa de nova creación orientada ás melloras continuas de procedementos de traballo. Esta vez falamos das políticas e usos da ferramenta corporativa de comunicación Microsoft Teams.

En vindeiros días iremos lembrando algunhas das persoas que pasaron polo Tic-Tac nestes anos e informaremos das novas propostas que se conten no evento. Aceptamos suxestións de temas e de convidados!

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio De Computación Y Electrónica mas cotizado en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Salgueiriños De Abaixo Nº11 L6
Santiago De Compostela
15703