ProxectoTERRA
Un proxecto de cooperación do mundo da educación na procura de mellorar o noso coñecemento e sentido crítico e propositivo sobre os lugares que habitamos.
Intercambio territorial na Costa da Morte
O alumnado do IES Camilo José Cela (Padrón) e do IES Félix Muriel (Rianxo) e o IES de Ames (Ames) participou, dentro do ProxectoTerra, nun intercambio territorial pola Costa da Morte para descubrir a súa paisaxe, o seu patrimonio e a relación entre as actividades humanas e o medio natural.
Durante a primeira xornada realizaron un roteiro entre Santa Mariña e o Faro de Cabo Vilán, percorrendo espazos como a Duna de Monte Branco, a Praia do Trece e o Cemiterio dos Ingleses, onde coñeceron a formación da paisaxe costeira, a historia dos naufraxios e a identidade deste territorio. A continuación visitaron o Faro de Cabo Vilán, reflexionando sobre a relación entre as actividades económicas actuais e a paisaxe. A xornada completouse coa visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro, fundamentais para comprender a historia máis antiga da comarca.
No segundo día visitaron o miradoiro de Santo Hadrián, o Ecomuseo O Forno do Forte, onde descubriron e participaron da tradición oleira de Buño, e o estaleiro O Baladiño, exemplo da carpintería de ribeira tradicional. A actividade rematou cun roteiro pola ría de Corme e Laxe para analizar a súa formación, os seus ecosistemas, as actividades marisqueiras e a relación dos asentamentos humanos coa paisaxe litoral.
Unha experiencia para aprender a interpretar o territorio e descubrir a riqueza natural, cultural e patrimonial da Costa da Morte.
Moi agradecidas aos Concello de Vimianzo e ao Concello de Malpica de Bergantiños pola súa colaboración e apoio loxístico.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Dirección
Praza Da Quintana, 1. 2º
Santiago De Compostela
15704