Colegio La Inmaculada

Colegio La Inmaculada

Compartir

¡Bienvenidos a la página del Colegio La Inmaculada! Somos un colegio de Infantil y Primaria en el

Photos from Colegio La Inmaculada's post 15/06/2026

O alumnado de 6º viviu unha aventura inesquecible en Pena Aventura (Portugal), unha excursión que foi moito máis ca un día de diversión: foi o peche dunha etapa chea de aprendizaxes, amizades, risas e momentos que quedarán para sempre na memoria. Días de convivencia, novos retos, tempo compartido e moitas moitas ganas de g***r e de estar xuntos.

Entre tirolinas, desafíos e aventuras compartidas, tamén houbo espazo para mirar atrás e decatarse de todo o camiño percorrido desde aquel primeiro día no cole. Porque ás veces medramos sen decatarnos… ata que chega un día como este.

Esta saída foi unha despedida para eles, pero tamén un comezo. O final dunha etapa que deixa pegada e o inicio de novos camiños que, sen dúbida, estarán cheos de ilusión.

Levades do cole moito máis ca cadernos e recordos: levades amizades, experiencias e unha parte de todos nós.

Seguide soñando, descubrindo e vivindo cada aventura que veña con valentía e ilusión. Comeza hoxe unha semana de despedidas e sorpresas para os nosos maiores!

Photos from Fundación Barrié's post 04/06/2026

Un aplauso ben grande a todos os participantes!

Photos from Colegio La Inmaculada's post 29/05/2026

O pasado sábado vivimos unha nova edición do Cross Proyde no cole, unha desas xornadas que deixan pegada e que volven demostrar que a solidariedade forma parte da esencia da nosa comunidade educativa.

Familias, alumnado e profesorado déronse a man unha vez máis para colaborar co proxecto anual de Proyde, que este ano apoia o Proxecto Fratelli no Líbano, unha iniciativa centrada no acompañamento e atención de nenos, nenas e familias en situación de vulnerabilidade.

A xornada comezou cunha andaina ata a Cidade da Cultura, onde tiveron lugar as xa tradicionais carreiras para nenos, nenas e familias, nun ambiente cheo de ilusión, esforzo e convivencia.

De volta no cole, chegou o momento de compartir mesa e menú, facendo da comida outro espazo para o encontro e a convivencia. Xa pola tarde, os xogos, deportes e hinchables, organizados coa colaboración da ANPA A Estrela, puxeron o broche final a unha xornada inesquecible para pequenos e maiores.

Grazas a todas as persoas que participaron, colaboraron e fixeron posible este día tan especial. O espírito da Inma é espírito de familia, pero sobre todo, espírito solidario.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Concepción Arenal, 11
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Martes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Miércoles 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Jueves 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Viernes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30