Proxecto Ríos
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
🌿💧 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo dunhas saídas do Proxecto Ríos!
Nesta ocasión acompañamos ao alumnado do CIFP Portovello no río Loira, nunha actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., tamén ao alumnado de 4º da ESO do IES Terra de Turonio no río Miñor e tamén ao alumnado do IES As Fontiñas no río sar, actividade financiada pola Deputación da Coruña
Ao longo da xornada recollemos mostras de macroinvertebrados, bioindicadores que nos axudan a coñecer o estado de saúde dos nosos ríos 🦗💦
20/05/2026
Onte, xunto co alumnado de 4º da ESO do IES Universidade Laboral de Ourense, estivemos a recoller o lixo que atopamos no camiño fluvial do río Barbaña. 🌿♻️
🧐Entre os residuos atopados destacan os panos húmidos e, como sempre, a gran cantidade de plástico que segue a aparecer nos nosos espazos naturais.
💙Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado por realizar esta acción connosco e contribuír ao coidado do noso entorno.
🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.
13/05/2026
📍 Xa está instalada a exposición do proxecto no IES As Fontiñas
Durante as próximas dúas semanas, o alumnado poderá achegarse e coñecer máis de preto o proxecto e as actividades que se están a desenvolver.
📅 Ademais, o vindeiro 20 de maio realizaremos unha saída ao río Sar co alumnado de 1º de Bacharelato. 🌿💧
🔴Actividade financiada pola Deputación da Coruña
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
Avenida Castelao 20 Baixo
Santiago De Compostela
15704