Foroesgal
O Foro pola Economía Social Galega é un espazo de encontro entre entidades da economía social gal
23/07/2026
📢 Fundamar, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrarán o sábado 26 de setembro, na Lonxa do Porto Pesqueiro de Canido en Vigo, a 3ª Feira da Economía Social do Mar .
📅 A cita será, un ano máis, espazo de encontro e reunión para as entidades de economía social, onde achegar e dar a coñecer os seus produtos e servizos á cidadanía, poñendo en valor o seu traballo e fortalecendo o tecido económico e social do territorio.
➡️ As entidades interesadas en participar poderán inscribirse ata o 7 de agosto. Compartimos por aquí o formulario de inscrición 👇 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeKPvYHt8u9T_PK_ZCkr9EqVhs70o2RfUgl4bPG4MsUcz4SGQ/viewform
🌟 Será unha excelente oportunidade para visibilizar proxectos, fomentar o consumo responsable e seguir tecendo redes de colaboración mutua.
Ide anotando na axenda! 😉
FUNDAMAR
COFRADÍA DE PESCADORES DE VIGO
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Santiago De Compostela