CORUXO F.C.

CORUXO F.C.

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CORUXO F.C., Equipo deportivo, Vigo.

05/07/2026

🚨 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | 📣 Rares Mezdrea continúa no Coruxo FC! 💚

O centrocampista de 24 anos seguirá defendendo as cores do Coruxo FC. Polivalente, pode desempeñar diferentes posicións no centro do campo, achegando equilibrio, intensidade e personalidade ao equipo.

Destaca polo seu físico, o seu gran trato de balón e a súa capacidade para interpretar o xogo. Un futbolista con percorrido, criterio e marxe de crecemento que encara a súa cuarta tempada na Segunda Federación.

Na tempada pasada participou nun total de 23 partidos entre todas as competicións oficiais.

A seguir dando caña no Vao, Rares! 💚

05/07/2026

🚨𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 |📣 Jon Arruabarrena, novo xogador do Coruxo FC!

Dianteiro de 25 anos que chega procedente do Lorca Deportiva e que tamén defendeu as cores do Atlético Sanluqueño en Primeira RFEF.

Con 1,90 metros de altura, destaca pola súa calidade, velocidade e gran olfacto goleador.

Chega para reforzar a parcela ofensiva do equipo e achegar maior altura e poderío en ataque.

Benvido ao Coruxo FC, Jon!

Moita sorte nesta nova etapa 💚

03/07/2026

🚨𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | 📣 Nacho Fariña continúa con nós!

Seguirá defendendo as nosas cores unha tempada máis. O centrocampista, de 27 anos, atópase moi cómodo en Vigo e amosou desde o primeiro momento o seu desexo de continuar formando parte deste proxecto.

Será a súa terceira tempada consecutiva e a cuarta no club, tras a súa primeira etapa na tempada 2017/18.

Nacho destaca por ser un futbolista forte, valente e con moito talento, ademais de ser un auténtico motor no centro do campo e tamén no vestiario onde destaca o seu traballo colectivo e anímico coa seus compañeiros. ¡É un home que fai equipo!

Estamos encantados de anunciar a súa renovación e de seguir contando co seu liderado, compromiso e calidade no campo do Vao.

Imos con todo, Nacho! 💚

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Vigo