Emprende na rede

Emprende na rede

Compartir

Espazo para emprendedores propio do "Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) da MAIV.

Photos from Emprende na rede's post 01/09/2025

🎬 Axudas para salas cinematográficas 2025: apoia o cinema en Galicia!

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre a convocatoria para apoiar a actividade das salas comerciais durante o ano 2025, co obxectivo de diversificar a oferta, fidelizar públicos e garantir a viabilidade destas infraestruturas.

Quen pode solicitalas?
Persoas autónomas e pemes xestoras de salas de exhibición independentes en Galicia, con antigüidade mínima dun ano e programación mínima dun 20% de cine europeo ou de terceiros países en 2024.

Actividades subvencionables:

Campañas de dinamización e captación de público

Programación de cinema galego

Programación de cinema europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla

Campañas de promoción dirixidas a públicos específicos

Contía:
Segundo nº de pantallas:

1-2 pantallas → ata 12.000 €

3-5 pantallas → ata 15.000 €

6 ou máis → ata 18.000 €
➕ +3.000 € por sala en concello

Photos from Emprende na rede's post 21/07/2025

🚀 Programa Emega 2025: apoio ao emprendemento feminino en Galicia!
Se es muller emprendedora, esta é a túa oportunidade para impulsar ou consolidar o teu proxecto empresarial con axudas específicas para ti.

O programa Emega conta con catro liñas de axuda:
Emerxe: para novas iniciativas empresariais
Impulsa: para mellorar ou reactivar empresas xa existentes
Innova: para proxectos innovadores, científicos ou tecnolóxicos
Concilia: apoio para favorecer a conciliación laboral e familiar
Requisitos: empresas lideradas e con capital maioritariamente en mans de mulleres, con domicilio e actividade en Galicia.
Contías: segundo postos de traballo creados ou mantidos e tipo de proxecto, ata 42.000 € en innovación!

📅 Prazo ata o 14 de agosto de 2025.
Consulta máis info e accede á solicitude: código de procedemento SI429A.
Para asesoramento, chama ao 986 42 33 66.

Photos from Emprende na rede's post 16/07/2025

🎬 Tes unha produtora independente? Este aviso é para ti!
Xa está aberta a convocatoria de axudas á produción de curtametraxes 2025, lanzada polo Ministerio de Cultura.

As axudas están dirixidas a empresas produtoras independentes que queiran poñer en marcha un proxecto audiovisual en formato curto: ficción, documental ou animación.

Gastos subvencionables:
▪️ Preprodución, rodaxe e postprodución
▪️ Guión, equipo técnico e artístico
▪️ Efectos, montaxe, animación e promoción

Contías:
▪️ Ata 70.000 € por proxecto
▪️ Ata 130.000 € para proxectos de animación

📆 Prazo aberto ata o 18 de xullo de 2025
📌 Procedemento: Ficha 051800

Non perdas a oportunidade de facer realidade a túa curtametraxe!

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Hispanidad, 17
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30